Soledad Penalta monumentaliza os poemas galegos de Lorca na Ínsua dos Poetas
close 05/jul./21
Materializouse o poeta Federico García Lorca nunha gran escultura de Soledad Penalta dende os “Seis poemas galegos” para a Festa da Palabra nesta fin de semana en Madarnás/O Carballiño. A singular proposta poética reflicte o seu interese pola nosa terra e xentes, ás que amou, singularizándoo na mencionada escrita poética. As súas estancias en Galicia dende 1916 aboian coa súa publicación o 27 de Nadal de 1935 no volume LXXIII de Nós, obra que nace coa introdución de Eduardo Blanco Amor (EBA), con quen fixera amizade. Nela salienta como as verbas escritas polo granadino no “dorso de unos recibos”, nun telegrama ou nas “restingas de una carta”, foron un milagre “de la poesía”, sinalando que a súa intervención consistiu en “echar más allá un acento o traer más acá un desmandado apóstrofo”. O libro foi composto a man polo edit