Daniel Pino e Sonia Gondasegui, deseñadores e xerentes da tenda ‘Ratas con Faca’ acolle proxectos de artistas de moitas disciplinas Cerámica, libros e ilustracións
Dun confinamento en poucos metros cadrados e das ganas de reconectar coa cidade nace
Ratas con Faca, a tenda de
Sonia Gondasegui e
Daniel Pino. Descartado pagar alugueiros “de guiris” por unha casa máis grande, decirdiron facerse cun espazo onde poder dedicarse ás súas actividades creativas, un local a pé de rúa onde acoller, ao mesmo tempo, proxectos alleos. Así xorde
Ratas con faca, unha sorte de laboratorio e unha tenda-taller. O sentido do nome non é máis que unha broma interna, a de ser dúas ratiñas currantes nun espazo hipercomprimido. A súa arma, a faca, os seus útiles de traballo: lapis e ferramentas. Porque como di Sonia, eles son moi abertos e algo