Ariano, o abade hospitaleiro e gobernador
close 28/jul./21 Abade do mosteiro de Celanova (S. XI), non só exerceu por designación real o cargo de gobernador de Galicia, senón que fundou o primeiro gran hospital de atención ós peregrinos en Santiago, logo Hospital Real e hoxe Hostal dos Reis Católicos
A crónica desta historia tan singular como descoñecida comeza alá polo ano 1047 (hai -aí é nada- a frioleira de 974 anos) cando, morto o abade Aloito, na emerxente comunidade monacal de Celanova asoma a figura de Ariano, ó ser elixido en democrática votación como o sexto abade do mosteiro.