Cultura e deporte enchen Dumbría de entretemento durante este verán M. L.
Ana García
Haberá propostas en diferentes parroquias, citas destacadas de vólei praia e un calendario regular de visitas guiadas e sendeirismo para coñecer Dumbría a pé
18 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.
Maxia, adaptacións de contos clásicos infantís, dinamización da lectura, campionatos deportivos do máis alto nivel e rutas de sendeirismo polos recunchos máis destacados do municipio: esas son as propostas coas que o Concello encherá Dumbría de entretemento.
Dende dúas xornadas de ilusionismo para honrar ao Apostolo nas dúas parroquias que teñen a Santiago como patrón, ata un par de días nos que a biblioteca municipal será a protagonista ou visitas guiadas ao Centro de Interpretación de Rutas do Monte Pindo e Fervenza do Ézaro (CIR). Unha completa programación que botou a andar xa esta fin de semana coa celebración dunha proba computable para o Circuíto Gal