Moncho Carpinteiro
Xosé María Dobarro | lunes, 19 de julio de 2021, 00:00 en xa afastados tempos fun un adolescente estudante de ciencias que andaba máis que despistado coa carreira que elixir. Finalmente, e non con moito convencemento, por certo, optei por cursar Filosofía e Letras. Tiven, como non, que procurar encher da mellor maneira posible os baleiros de formación que tiña en latín, o que me obrigou a pasar moitas horas facendo traducións de clásicos latinos. Lembro ben a grata compaña do tratado Laelius de Amicitia, de Marco Tulio Cicerón, na edición preparada por Eduardo Valentí Fiol para a “Colección de textos clásicos latinos” da editorial Bosch. Conservo, sen dúbida, mais non sabería dicir onde, ese exemplar, posiblemente todo pintarraxeado en bolígrafo, que era o sistema que empregaba daquela para destacar o que en posteriores lecturas podería interesarme. Práctica un tant