Noia, Porto do Son, Corme, Vilagarcía de Arousa ou Marín son algúns dos lugares de procedencia de moitos dos galegos que pasaron a súa vida botando redes ao mar Cantábrico e amarrando barcos en Pasaia (Guipuzkoa). Mentres o resto de Euskadi foi refuxio para os que atopaban sustento na industria e na construción, esta localidade –que algúns consideran unha extensión de San Sebastián pola súa proximidade– recibiu a miles de mariñeiros durante décadas. Tamén a –polo menos– dous ourensáns que non amalloaron naves, senón palabras.