Volve ‘Música en Compostela’ con cursos universitarios CLASE de violonchelo do Mestre Elías Arizcuren, no arquivo de ‘Música en Compostela’
Os cursos de Música en Compostela, celebrados en verán, e dirixidos a universitarios de carácter internacional, retoman a súa celebración tras un parón en 2020, por mor da COVID-19. Este ano o curso retómase, pero adaptado á situación actual. É por iso que a súa modalidade será online, a través de ZOOM.
As orixes destes cursos remóntanse a 1958, ano da súa creación por iniciativa do Mestre Andrés Segovia, e co apoio do diplomático José Míguez Ruiz Morales, director xeral de Relacións Culturais do Ministerio de Asuntos Exteriores. Sesenta e tres anos despois, estas xornadas non só seguen a ser celebradas, senón que atraen a alumnos e profesores de todo o mundo.