Guillermo Llorca: «Dende o recuncho máis pequeno é posible crear historias marabillosas»
Ramón Loureiro
«Cuando estalló la noche» é a nova novela do escritor ferrolán, ambientada no Ferrol dos anos 40, coa que quedou finalista do Premio Fernando Arenas
11 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.
Cuando estalló la noche (Ediciones Arenas) é o seu segundo libro do ano, logo da publicación colectiva
Serantes (Edicións Embora). Sorpréndenos desta vez cunha novela de ficción diferente ao que nos ten acostumados, malia que xa se atreveu no seu momento cun par de tomos de relatos. Esta ten un ritmo cinematográfico, como amante do cine que é Llorca, e entrelaza distintos escenarios aparentemente inconexos como Escocia e as cidades de Madrid e Ferrol.