Da gloria á nada en 30 días: Crónica da extinción do ascendido Asmubal
MONICA IRAGO
A directiva comentaba onte que a entidade chegou inscribir o conxunto masculino na categoría nacional, pero que a falta de xogadores forzounos a tirar a toalla
17 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.
De fretarse as mans pensando na posibilidade de ver a vindeira tempada os seus dous equipos séniores en categoría nacional, a ter que conformarse con soñar co regreso á División de Honra Prata Feminina dentro dun ano. O Asmubal Meaño vén de encaixar «un batacazo social enorme» en palabras da súa presidenta. Non tanto polo non da Real Federación Española de Balonmano á solicitude dunha das súas prazas de libre designación tras descender da segunda categoría feminina como un dos dous peores terceiros pola cola da clasificación, dun total de catro grupos. O batacazo do que fala Silvia Lobato refírese ao feito de ver como en 30 días o Asmubal pasou de celebrar por todo o alt