Mirar o futuro con esperanza Celebración do DÍA DE GALICIA. As mulleres ocupan un lugar destacado nas portadas de EL CORREO GALLEGO dos últimos anos
Son 65 mulleres as protagonistas destas páxinas que bosquexan un país e que están escritas, un ano máis, en feminino e en plural. Ateigadas de ideas, enfoques e propostas diversas mesturadas con denuncias e reivindicacións, con historias e vivencias tan auténticas como elas mesmas. Queda claro que o mundo non é de ninguén e é de todos. E, desde logo, de todas. Como a propia causa da igualdade na que EL CORREO GALLEGO se empeña desde unha das súas vocacións.