Ilustración histórica da zona do parque da Alameda, en Santiago
Penso que foi no ano 1950, cando apareceu, unha tarde de xullo, no paseo central da Alameda aquel home con chaqueta branca portando na man esquerda unha bandexa cuberta cun pano que impedía ver o seu contido. De baril figura camiñaba entre a xente pregoando a súa mercancía con voz sonora ¡ao rico parisién.! Ninguén sabía o que era. O paseo central ía enchéndose de xente agardando o concerto vespertino da banda municipal. Mentres a tómbola de caridade atronaba coa música e a voz do seu locutor incitaba a miróns e paseantes a comprar os boletos da sorte. Aqueles concertos celebrábanse tódolos xoves dos meses de verán. Tamén da carballeira de Santa Susana viña o barullo dos altofalantes das atraccións da feira. Estabamos na semana das festas patronais. Cando a fogaxe queima as pedras e o aire se fai irrespirable. Réganse as rúas e os xardineiros municipais coas mangas de rego refrescaban a terra s
Fóisenos Pepe Carro, chamado desde o alén
elcorreogallego.es - get the latest breaking news, showbiz & celebrity photos, sport news & rumours, viral videos and top stories from elcorreogallego.es Daily Mail and Mail on Sunday newspapers.