Debates, conversas e espectáculos van centrar o Titiriberia
Dez compañías deleitarán ós rianxeiros coas súas obras // O festival celébrase do 20 ao 24 Comba Campoi, á esquerda, conversando con Adolfo Muíños e Raquel García tras a presentación do festival.
Foto: C. R.
O Festival Titiriberia, organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña, celebrará a súa sexta edición na vila rianxeira entre os días 20 e 24 de xullo. A iniciativa, que se desenvolve por segundo ano consecutivo no municipio, ten o obxectivo “de estreitar lazos coa veciñanza, fomentar a implicación comunitaria e descentralizar a actividade cun amplo programa que inclúe dez espectáculos, exposicións, mesas redondas, recollidas de testemuños e actividades formativas”.