Obras e vestixios no Museo Arqueolóxico
close 10/jul./21
Non é novidade se lles digo que levamos moitos anos sen museo arqueolóxico. Lembro, a finais da década de 1990, cando impartía un curso de doutoramento na Universidade de Vigo e solicitáralle ao museo ver cos alumnos as cerámicas dunha escavación que eu mesmo dirixira. Pero estaban embalados para trasladalos ás dependencias provisionais no colexio Santa María de Europa, na Carballeira. Teoricamente, para comezar de inmediato as reformas desta importante institución creada no ano 1895 pola “Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Ourense”.
Etnografía e arqueoloxía, eidos renovados por Nós laregion.es - get the latest breaking news, showbiz & celebrity photos, sport news & rumours, viral videos and top stories from laregion.es Daily Mail and Mail on Sunday newspapers.