Fernando Dacosta: Temos unha media de 150 persoas en cada espectáculo
close
O director da Miteu, Fernando Dacosta, fai un balance “moi positivo” do que vai de mostra
A Miteu celebra hoxe o seu duodécimo día ininterrompido de programación e o seu director, Fernando Dacosta,
fai un balance moi positivo do que vai de mostra, e espera que nestes derradeiros días o público siga acollendo igual de ben ao festival.
“Estamos moi contentos coas asistencias. Creo que tamén é porque continuamos co pulo que iniciamos o ano pasado ao sermos a primeira mostra de teatro que volveu trala pandemia, modificando as datas habituais da Miteu”, conta Dacosta, que ademais tamén resalta a renovación no tipo de espectáculos que a covid produciu na programación da 26ª edición da Miteu. “A modificación das datas e que o Auditorio estea pechado fixo que levaramos os espectáculos a lugares menos convencionais, adaptándonos a un teatro máis de rúa”, explica.