As propostas do Pasatempo de Verán continúan este mes coas Tardiñas Mozas e
a visita da investigadora Natalia Barreiro // A última está prevista para o día 11 de setembro // Teñen aforo limitado e hai que anotarse previamente TEXTO C. Estévez Vedra: espectáculos, deporte e cine nos meses de máis calor Un momento da Noitiña de Verán con Xoan Curiel.
Foto: C.V.
Foto: C. Vedra
Foto: C.V.
Vedra está a vivir un verán cargado de propostas para todos os públicos. Unhas actividades que dende logo conseguen dar un punto de normalidade á situación actual e que fan que a veciñanza se esqueza un pouco do verán pasado e reciba este con gañas e ilusións renovadas. A pasada fin de semana estivo ateigada de citas culturais e deportivas enmarcadas no Pasatempo de Verán. A parroquia de San Fins de Sales foi a encargada de dar cabida o pasado venres ao concerto de de Xoan Curiel e Charo Pita