Justo Beramendi: «Só temos cartos para musealizar desde a Prehistoria ata a Idade Media»
PACO RODRÍGUEZ
O presidente do padroado do Museo do Pobo Galego afirma que «as axudas manteñen o museo a nivel de subsistencia»
25 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.
Justo Beramendi (Madrid, 1941) ten aos seus recentes 80 anos posta a data para deixar o padroado do Museo do Pobo Galego: maio do ano que vén. «Se chego», engade. Quere sacar tempo para rematar algúns libros, incluídas as súas memorias. Nelas haberá moitas páxinas sobre o museo que axudou a construír e de todo o que leva vivido como presidente do seu padroado.