A plana maior de Abanca peregrina a Compostela XACOBEO 21-22. O Consello administrativo de Abanca, co seu presidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e conselleiro delegado, Francisco Botas Ratera, na primeira fila no centro, diante da Catedral de Santiago
Amosando o apoio á celebración do Ano Santo, o Consello de Administración de Abanca e o Consello Asesor de Bankoa visitaron Compostela. Os conselleiros puideron visitar a Catedral de Santiago neste Xacobeo, onde presenciaron o estado do templo despois dos traballos de restauración aos que estiveron sometidos distintos puntos da Catedral nos últimos anos.
Tras pasar pola Porta Santa, como é tradición neste ano, os conselleiros asistiron tamén ao ritual litúrxico da Misa do Peregrino, co tan representativo voo do botafumeiro. Antes de asistir á Misa do Peregrino, o alcalde compostelán Xosé Sánchez Bugallo recibíu ao presidente do Consello administrativo, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e ao conselleiro delegado,