Camiño de Samil 14/jul./21
Unha cantiga de súpeto chega o meu maxín. É unha melodía que hai tempo non escoito, mais lémbrame tempos vividos. Si, datas moi distintas ás de hoxe. Estamos no verán e, aínda que este ano é un tanto atípico, sen saber cal é a razón, a música de marras tráeme á memoria aqueles anos cando ós domingos collíamos o coche e marchabamos cara Vigo á praia de Samil. Aínda se andaban a rematar os accesos a Galicia e a viaxe nos coches daqueles anos, maiormente utilitarios, era un tanto longas, viña durando dúas horas sen sumarlle as paradas de rigor que eran na Cañiza e no alto de Fontefría. Lembro que, como mozo, aquelas escapadas eran pra moitos unha ilusión. Chegar a aquil areal de Samil e xogar coa auga, correr cos amigos e sobor de todo xantar, case sempre baixo a sombra daquel piñeiral, era unha tentación a que non se podía un resistir. E xunto a esas lembranzas xurden as comparacións. E un conclúe que mo