A tomar por saco, con perdón, un bo lote de barreiras
Presidente de COGAMI
O Concello de Santiago vai destinar 220.000 euros a eliminar barreiras arquitectónicas nas rúas da cidade. Actuará en 29 puntos nos vindeiros tres meses, e resulta que estes lugares que pronto deixarán de ser un enorme problema para moitas persoas foron seleccionados gracias a información recollida por organizacións como AMICO ou ACEM, e sobre todo atendendo a un estudo elaborado pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade COGAMI, liderada por
Anxo Queiruga. Este informe analizou percorridos e marcou 300 incidencias en puntos negros que lle fan a puñeta a diario a moita xente. Benvida sexa a iniciativa municipal, e que siga; grazas infinitas a organizacións como a que preside don Anxo, que se empregan a fondo en mellorar a autonomía das persoas con discapacidade física. E as barreiras, a tomar por saco, con perdón. X.C.
Estoxo cos Estatutos de Autonomía de Galicia, un punto de encontro
elcorreogallego.es - get the latest breaking news, showbiz & celebrity photos, sport news & rumours, viral videos and top stories from elcorreogallego.es Daily Mail and Mail on Sunday newspapers.
Cogami loita pola inserción laboral
elcorreogallego.es - get the latest breaking news, showbiz & celebrity photos, sport news & rumours, viral videos and top stories from elcorreogallego.es Daily Mail and Mail on Sunday newspapers.