Luisa Viqueira Landa
Na marea da semana pasada falei do exilio republicano en México, dos refuxiados do Ipanema, do labor que os exiliados galegos realizaron ata ben andada a década dos anos 60: entre outras empresas o Patronato da Cultura Galega, a audición radial
Hora de Galicia, as revistas
Saudade,
Loita,
Vieiros… Alí estaba Florencio Delgado Gurriarán, a quen a Academia dedicará o Día das Letras Galegas no ano 2022, e outros nomes que evocaba na travesía. Mais na lista de exilados só citada de paso unha muller, Ascensión Concheiro, compañeira e esposa de Francisco Comesaña, ambos os dous inspiradores da novela de