Unha balsa con pouco aceite
Miguel Olarte publicaba en El Progreso unha información sobre o congreso provincial que o Partido Popular montará neste setembro. O texto deunos para un congreso filóloxico aos clientes de La Modernita.
Olarte prevé que a elevación de
Elena Candia como presidenta será "un crucero en una balsa de aceite". Candia logrou dúas firmas reveladoras: Ramón Carballo e José Manuel Balseiro. Balseiro publicou no seu Facebook unha fotografía asinando a favor de Candia. A súa expresión contrariada empúxame a pensar nun pacto territorial con Elena: a cidade para os meus; a provincia para ti.