«Para un público que non consume teatro profesional é a mellor noite»
Santi M. Amil
14 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.
A MIT de Ribadavia comeza de xeito oficial este venres, mais a capital do Ribeiro ofrece dramaturxia desde antes. Este mércores, Teatro do Vilar, a compañía de teatro afeccionado de Ribadavia, representa a obra
Policía, de Slawomir Mrozeck, na preMIT, a tradicional sesión previa á mostra. Bea Cendón é unha das integrantes deste grupo, formando parte do reparto e facendo «un pouco de todo».
-Cal é a importancia da MIT para o teatro afeccionado?
-Quizais para o teatro afeccionado a nivel provincial non é a plataforma, porque aquí todo é profesional. Pero para que Ribadavia siga mantendo un grupo de teatro é fundamental. Nós, en parte, é a única actuación que facemos.