A familia e a súa dimensión social, en case 300 mapas do léxico galego
Lucía Cancela
A CORUÑA / LA VOZ
Gema García
20 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.
Cerraportelos, cerrancelos, cerraburatos, neno, nenín, menor ou
máis novo. E así ata chegar ás 27 maneiras de referirse ao fillo máis pequeno dunha familia dependendo do lugar de procedencia do falante en cuestión. O galego ten moitas formas para pronunciar un mesmo termo e todos eles están recollidos na
sétima edición do Atlas Lingüístico Galego: Léxico. O Ser Humano (ALGa), que se presentou este luns na Fundación Barrié da Coruña.