Música, teatro, cine e maxia enchen a Fiestra da Cultura
Actuarán Mikel Erentxun ou Monoulius Dop en Ribeira // Tamén os locais Maneiro e Sieira
No centro da imaxe a concelleira de Cultura, María Sampedro, durante a presentación da programación.
Foto: C. de Ribeira
A Fiestra da Cultura regresa durante os meses de xullo, agosto e setembro cun total de 34 espectáculos gratuítos que percorrerán as diferentes parroquias a iniciativa do Concello de Ribeira e que se suman aos 15 concertos englobados nas Rúas Musicais que están tendo lugar dende o mes pasado.