Medalla Pardo Bazán para Zaza Ceballos, Marijé Díaz e Mirabal
Estes galardóns da Xunta recoñecen o labor a favor de acadar a igualdade de oportunidades
REUNIÓN do xurado das Medallas Emilia Pardo Bazán, galardóns da Xunta de Galicia creados no ano 2019.
Foto: G.
A fundadora e presidenta entre 2001 e ata o seu falecemento en 2009 da Asociación Alar de Galicia, María Jesús Díaz Sánchez; a produtora, escritora e directora de cine, Zaza Ceballos; e a Asociación Mirabal recibirán as Medallas Emilia Pardo Bazán na terceira edición destes premios. O xurado vén de fallar estes galardóns cos que a Xunta recoñece o labor a favor da igualdade de oportunidades para construír unha sociedade máis igualitaria baseada nos principios de igualdade, xustiza e solidariedade.