Universidade compostelá
Santiago de Compostela foi a reunión, despois de moito tempo, do
Real Padroado da cidade. O asunto víñase demorando por mor do Goberno central dende hai case vinte anos. Máis importante aínda foi a extensa representación coa que acudiron todos os poderes que o compoñen, no caso da familia real era doado, pero non tanto no do
Goberno do Estado, no que competiron
ministras, ministros e vicepresidentas por saíren na foto. A reunión do Padroado acompañouse sempre dun alento inversor estratéxico para a capital de Galicia que neste altura xa ía facendo falta. O deseño para o próximo decenio está feito, agora como con teimoso tino di a oposición, confiemos que cheguen os fondos.