Inaugurada a mostra en honra á figura do autor galego Carballo Calero
cultura. A sala de exposicións de Afundación de Ferrol acolle desde a tarde de onte unha mostra bibliográfica e documental sobre Ricardo Carballo Calero, organizada polo Parlamento de Galicia no marco da celebración do Día das Letras de 2020 dedicado ao autor ferrolán e amosada ata o de agora no Pazo do Hórreo.
Na inauguración, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices (na foto), subliñou que a cultura e as institucións galegas están en débeda con Carballo Calero “polo seu compromiso galeguista, polo seu maxisterio e polo servizo que prestou, durante toda a súa vida, á nosa cultura e á nosa lingua”.