Gran acollida ao desfile dos Xigantes polo casco antigo
FESTAS. Choiva e ambiente no Apóstolo en presenza dos Xigantes.
Foto: Antonio Hernández
Foto: ECG
Trala súa ausencia o ano pasado, os tradicionais Xigantes das Festas do Apóstolo volveron a saír á rúa. Na praza da Quintana a xente esperaba para darlles unha gran acollida, malia ás condicións do tempo, nun dos eventos máis tradicionais e familiares do ano. Coa diferenza, iso si, de que nesta ocasión non puideron seguir co seu desfile máis alá da Praza da Quintana.
Ademais da comparsa de Xigantes, a cidade acolleu onte pola tarde a eliminatoria do Torneo de chave, tanto masculino coma feminino. Ás 21.00 horas tivo lugar a actuación do Combo Paradiso e, pouco despois, o concerto de Teresa Ferreiro. O esperado espectáculo pirotécnico, un dos pratos fortes de cada ano, puido contemplarse no ceo da cidade antes da medianoite, poñendo o fin de festa.