En canto a Pla (III)
close
18/jul./21
Pla. Vou seguir admirando á obra de Josep Pla. E disentindo. Por exemplo, cando di que “a los grandes vinos no les conviene demasiado sol; les convienen cielos pálidos, plateados; los aires marinos los echan a peder” non podo estar máis en desacordo con el.
É certo que demasiado sol non é bo pra eles, pero non é mentira é que demasiado pouco non os favorece moito. É certo que os ceos pálidos, prateados, son bos pra eles; pero tamén o é que millor é non pasarse. Pero non é certo que os aires mariños os boten a perder. Que llo pregunten ós albariños que recollen as mestas neboeiras que ás veces entran polas rías; ou ós viños do Condado e do Rosal mollados por aqueloutras que lles chegan polo esteiro do Miño. Cunqueiro, nunca diría esas cousas. A ninguén que saiba aprezar o marisco se lle vai ocorrer acompañalo dun viño dos que bebía Pla, pra lles poñer un exemplo. Así que disinto de Pla, malia a admiración que sinto pola súa obra. O que non sei é se terá razón Jordi Amat, no que indica del a propósito de “El hijo del chófer”. Por todo isto que se di a denominación Rías Baixas é a que é. Nas Rías Altas, o que se cultiva é o lúpulo e a cervexa galega, a que fan os Fillos de Rivera, esta competindo como o fai coas grandes cervexas do mundo.