Un policía da Secreta
ERA DEMASIADO cedo para falar. Tan temprano que en La Modernita aínda non botaran o lacón a cocer.
Luciano recibiu unha chamada. Abriu a cremalleira do chándal co escudo dos austrias. Os seus dentes son tan pequenos que non sabe sorrir. Sabes que existen cando se tiñen de colorado co viño. Cobrara 1.200 euros dalgunha finca. Malvendeuna, pero o tinto provoca sede. Pagoume o café. Eu estaba lendo Religión Digital. Fumata branca en Mondoñedo.
Luciano explicoume que o chamara un amigo de Meira para que lle mandase tabaco de picadura no autobús. Sabía que lle ingresaran unha cantidade bonita. "Os cartos fan boas amizades", observou.