Publicado o 03/08/2021 07:01
Merecían a medalla e quedaron no posto máis ingrato. O cuarto posto do sonense Iago López Marra e Diego Botín non embaza unha gran competición, pero faltou a guinda final. Máis cando chegaban á Medal Race en postos de podio, do que saíron logo de acabar no sétimo posto.
Gran Bretaña, Alemaña e Nova Zelandia eran os que competían cos españois e foron os máis atinados na proba decisiva. Os británicos derrotaron os imbatibles Burling/Tuke e levaron o ouro. Alemaña, parella que comparte adestramentos co barco español, rematou na segunda posición e permitiulle rabuñar os puntos necesarios para sacalos do terceiro chanzo.