‘Carta de Santiago’, ou como saír adiante despois da pandemia
Relevantes expertos nacionais e internacionais ofrecerán as claves para dar un novo enfoque ao Xacobeo, potenciar Santiago e aumentar o renome da Ruta
Primeira reunión, onte, da comisión de co-creación de ‘Carta de Santiago’, un encontro internacional impulsado pola Xunta
Expertos de diversas áreas reuniranse no encontro
Carta de Santiago, impulsado pola Xunta de Galicia e enmarcado na programación do Xacobeo 21-22, co fin de reflexionar sobre os retos aos que se enfronta a sociedade tras a crise sanitaria, especialmente no tocante ao turismo e ao Camiño de Santiago. Suporá unha gran oportunidade para a cidade de cara á visibilización internacional que o evento pode aportar nun escenario de reactivación económica.