Apoio á marcha por Ence de Asociación Agraria de Galicia
Percorrerá este venres as rúas de Pontevedra pola súa permanencia e en defensa dos cinco mil empregos que contribúe a crear a factoría
Cartazo da manifestación deste venres en Pontevedra
A Asociación Agraria de Galicia fixo público o seu total apoio á manifestación convocada este venres en defensa da permanencia de Ence en Pontevedra. Se o Goberno central non confirma a prórroga de 60 anos concedida polo Executivo anterior, todo o sector forestal galego sufrirá unha das peores crises da súa historia. De Ence non só dependen 5.100 empregos directos e indirectos, máis de 2.000 deles do sector forestal; amén miles de familias do rural galego que tódolos anos reciben en torno a 50 millóns de euros pola venda da súa madeira á pasteira pontevedresa. “Se finalmente o Goberno presidido por Pedro Sánchez non mantén a prórroga otorgada a Ence ata 2073, as consecuencias para Galicia poden ser terribles”, sinalan.