Adxudicada a rehabilitación do palacete da finca do Espiño
Santiago. A Xunta de Goberno Local adxudicou onte o contrato de execución das obras de rehabilitación do palacete modernista da finca do Espiño para equipamento municipal cultural e administrativo. Esta operación, incluída na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado, correrá a cargo da empresa Bauen Empresa Constructora Sau, por un importe de 1.425.922,9 euros.
A oferta elixida foi a máis vantaxosa das presentadas, xa que ademais, a maiores, compromete un xefe de obra técnico titulado superior con dedicación total, tres técnicos adicionais, a posta a disposición do Concello dun espazo habilitado para reunións, unha ampliación do prazo de garantía das obras de 5 anos, e un incremento do 1% do orzamento de control de calidade e do programa de actuación ambiental.