"El Gran camino", o documental galego que percorre os outros grandes camiños do mundo
Os produtores e directores galegos Alba Prol Cid e Raúl García estrean El Gran Camino, onde mostran a súa viaxe por diferentes camiños do mundo. Tras recorrer quilómetros, a súa aventura chega ás salas de España e a festivais internacionais. O Galicia Confidencial fala co director sobre o proxecto.
Por Carlota Álvarez | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2021 | Actualizada ás 11:00
Comparte esta noticia
"Os dous camiñamos porque non somos capaces de quedarnos quietos.
Temos a necesidade interior de ir ao encontro doutras persoas e dun mesmo". Así define Raúl García, codirector e coprodutor do documental "El Gran Camino" o motivo polo que, xunto con Alba Prol Cid, parella profesional e persoal, recorreron tres grandes camiños do mundo. Agora estrean en salas de toda España un documental que reflicte estas viaxes.