Woman Virtues News Today : Breaking News, Live Updates & Top Stories | Vimarsana
Stay updated with breaking news from Woman virtues. Get real-time updates on events, politics, business, and more. Visit us for reliable news and exclusive interviews.
Top News In Woman Virtues Today - Breaking & Trending Today
Viaxe arredor dos tebeos Cando se ten uso de razón, que por aqueles anos, era pola primeira comunión, meus pais sacáronme de sor Julita e leváronme á pasantía de dona Virtudes e a señorita Victoria. Do colexio das Orfas, grande, tenebroso e cun patio con pérgola, pasei a un coarto nunha planta baixa dunha casa da praciña, onde cabían cinco mesas para os alumnos, unha mesa de braseiro para dona Virtudes e outra pequeniña para a señorita Victoria. Dona Virtudes era grande, miope, e movía con lentitude as súas arrobas, deixando ó seu paso un arrecendo de colonia. Alí preparábanos para o exame de ingreso no instituto. A pasantía tiña moita sona. Dirixíaa, disque, unha mestra “apartada” que non sabiamos o que era e que gozaba de moito crédito, reputación e honorabilidade entre a xente. Entrabamos ás nove e media e se chegabas tarde tiñas que petar no cristal da ventá e un de nós, co permiso da profesora, saía abrir a porta. No zaguán, un tapiz ....