Xunta e Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos asinaron en O Son o convenio polo que se redactará a nova guía de boas prácticas // Os traballos comezarán este ano cunha diagnose do estado actual das instalacións TEXTO M. Torres Galicia aposta pola integración paisaxística dos seus 120 portos Pola esquerda, Lenguas, Urcola, Quintana, Vázquez, Oujo e Barea, nun momento do acto celebrado onte no peirao sonense.
Foto: Xunta de Galicia
A Xunta inicia a redacción dunha guía de boas prácticas para mellorar a integración paisaxística dos máis de 120 portos autonómicos.“Este proxecto responde ao obxectivo de fomentar a recuperación dos espazos degradados, poñer en valor e conservar as paisaxes rurais, urbanas, costeiras e de interior, é dicir, todas as paisaxes de Galicia, que son abundantes en cantidade e calidade”, explicou ao respecto a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.