A danza contemporánea únese ás homenaxes a Xela Arias
close Redacción Redacción 18/jul./21
A sala Ártika, na avenida de Beiramar, acolleu onte unha nova homenaxe a Xela Arias baixo o título “A idea primaria é esnaquizalo a cabezadas”. Autora das Letras Galegas 2021 tamén foi interpretada dende a danza contemporánea. María Llanderas meteuse na pel da poeta para entender a súa letra.
Cos seus pantalóns, coa súa cazadora, coa súa pose espida nas fotografías de “Tigres como cabalos”, releu os seus versos, o seu sentir e a súa vida, nun espectáculo que uníu o monólogo coa performance e coa danza, un estudo artístico dende a expresión corporal.